Gran Canón, EUA

Fai unha excursión a unha marabilla do mundo

Unha ollada máis próxima ao Gran Canón


O Gran Canón foi a nosa colección inaugural usando o Trekker de Street View. O Trekker, o noso dispositivo máis recente para recoller imaxes, é un sistema integrado nunha mochila que permite aventurarse a lugares aos que só se pode acceder a pé. A posibilidade de levar Street View a lugares remotos polos que é difícil desprazarse, como o Gran Canón, e unha grande oportunidade para facer accesibles a beleza e a historia de sitios como este ao mundo enteiro.

O terreo abrupto, as cordilleiras e as rutas escarpadas do Gran Canón son o escenario perfecto para demostrar a funcionalidade do Trekker. Os camiños estreitos serían inaccesibles para os nosos coches, triciclos e carriños de Street View habituais, pero son perfectos para a mochila Trekker. O tamaño compacto do Trekker permite manexalo facilmente e ao tempo que se camiña vai recollendo imaxes de maneira automática. O Trekker funciona mediante un dispositivo Android e está formado por 15 lentes na parte superior do mastro, cada unha delas orientadas nun ángulo diferente para permitirnos crear vistas panorámicas de 360 graos.

Necesitáronse dez empregados de Google, cinco Trekkers e tres días enteiros para plasmar adecuadamente as rutas da marxe sur do Gran Canón. Dous equipos de Trekker percorreron o Bright Angel Trail, acamparon pola noite en Phantom Ranch e logo seguiron camiñando ao día seguinte ao longo do South Kaibab Trail. Outros tres equipos de Trekker quedaron na parte máis alta do Gran Canón recollendo imaxes ao redor do bordo e mais no South Rim Trail. O noso equipo tamén se aventurou a saír para coller imaxes do Meteor Crater, xusto ás aforas do Parque Nacional do Gran Canón.

Para seguir facendo que Google Maps sexa o máis completo e preciso posible, estamos impacientes por levar o Trekker aínda a máis sitios só accesibles a pé. Esperamos compartir futuras coleccións contigo para dar a coñecer máis lugares únicos por todo o mundo, desde rutas de bosques ata a propia porta de castelos antigos e moito máis aló.

Máis información
Explora en Street View

Expedición ao Gran Canón con Google Maps

Explora máis vistas do Gran Canón

Explora en Street View